Friday 03 de May de 2024

Entrega de diplomas do Plan Integral de Cualificación e Emprego


Entregáronse os diplomas ás persoas que asistiron ao curso do Plan Integral de Cualificación e Emprego (PICE) dirixido a mozos e mozas de ata 30 anos inscritos no Ficheiro Nacional de Garantía Xuvenil. Unha iniciativa desenvolvida pola Cámara de Comercio da Coruña en colaboración co Concello de Ordes, na que participaron máis de 20 persoas.

O dito plan estivo composto por unha formación troncal de 65 horas de duración, nas que se impartiron cuestións relacionadas coas habilidades sociais, para a empregabilidade, Internet e busca de emprego. Posteriormente desenvolvéronse outras partes relacionadas co persoal de pequeno comercio e de hostalaría, e sobre o sector turístico.

O dito programa estivo suxeito á subvención de Garantía Xuvenil (Fondo Social Europeo, Ministerio de Emprego e Seguridade Social).